Saltar ao contido

Itxu Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaItxu Díaz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, columnista, escritor Editar o valor en Wikidata

Twitter: itxudiaz BNE: XX4415838 Editar o valor en Wikidata

Itxu Díaz, nado na Coruña o 13 de xullo de 1981, é un xornalista e escritor satírico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No ano 2001 fundou a revista dixital de música española Popes80. En 2006 lanzou o primeiro confidencial especializado en música, El Confidencial Musical, e foi un dos impulsores da creación de Pideunconcierto.com e a revista Music As Follows. Colaborador de El Confidencial Digital desde 2003, onde asinou ata 2012 unha columna de actualidade cun estilo satírico, 'Haciendo Amigos', que desde entón pasou a publicar en Gaceta.es. Tamén colaborou con artigos de opinión co título 'Esta es mi última página', na revista revista Época que despois pasaron ao diario La Gaceta, para o que tamén escribe a sección 'La Parrilla', onde comenta con humor as fotos da actualidade. Colaborou tamén en varios programas radiofónicos, na cadea SER, City FM Radio ou Radio Intereconomía. Ademais, é responsable da axencia de noticias Dicax Press, especializada en cultura, música, lecer e sociedade.

No ano 2006 publicou o seu primeiro libro, a colección de artigos Haciendo Amigos[1] prologado por El Pulpo de Cadena 100. En 2007 apareceu a súa primeira novela, Ganador Perdido, unha novela cómica que narra as aventuras dunha ex-estrela do rock.[2][3] E en 2008 asinou un libro de humor e actualidade política titulado ¡Un ministro en mi nevera![4] Xa en marzo de 2012 editou Yo maté a un gurú de Internet, un ensaio humorístico.[2] No cabo dese anos saíu do prelo 'Los Clones, un libro muy serio', unha biografía do dúo humorístico Los Clones.

Foi guionista e copresentador do programa de humor No me lo quiero creer de Intereconomía TV[5], e participa habitualmente de debates como Dando Caña ou El Gato al Agua. Foi director, entre 2013 e 2014, do fotoperiódico The Objective. Desde o 3 de novembro de 2014 publica no diario La Región[6] a súa páxina "Haciendo amigos".

En abril de 2015 publicou o seu sexto libro, Aprende a cocinar lo suficientemente mal como para que otro lo haga por ti.[7] No 2020, publicou Todo iba bien, un libro que é unha sátira sobre os libros de autoaxuda.[8]

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • De Juan, Federico; González, Luis Ignacio. Colaborador Itxu Díaz. Los Clones. Un libro muy serio (2012) Editorial Ciudadela ISBN 978-8415436270
  1. Redacción (15 de xuño de 2007). "Hay vida inteligente en el planeta del pop español". elmanifiesto.com (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Yo maté a un gurú de Internet". infoperiodistas.info (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2021. 
  3. Alloza, Alejandra. ""Ganador perdido" o el mundo en el que quisimos estar". popes80.com (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2021. 
  4. "Presentación del libro “Un ministro en mi nevera” el 17 de octubre de 2008 en Madrid". dyalnet.wordpress.com (en castelán). 11 de outubro de 2008. Consultado o 3 de novembro de 2021. 
  5. http://www.formulatv.com/noticias/26884/intereconomia-ficha-exclusiva-periodista-escritor-itxu-diaz/
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  7. Richart, Nuria (17 de maio de 2015). "Échale cara, ¡huye de la cocina!". libertaddigital.com (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2021. 
  8. Delgado, Grethel (20 de setembro de 2020). ""Todo iba bien" hasta que Itxu Díaz publicó este libro". diariolasamericas.com (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]